
Cristina Bermejo Saiz
Articles
-
1 week ago |
pontevedraviva.com | Natalia Puga |Cristina Bermejo Saiz |Cristina Ameijeiras Sáiz
Vecinos e veciñas das parroquias de Xeve e Bora realizaron este domingo a primeira de dúas saídas de campo organizadas para fotografar a natureza ameazada pola autovía A-57 nas súas parroquias. Coas súas cámaras de fotos e teléfonos móbiles, e acompañados de fotógrafos profesionais, percorreron San Andrés de Xeve para retratar esas instantáneas que poden estar en perigo se segue adiante a segunda fase deste proxecto.
-
4 weeks ago |
pontevedraviva.com | Natalia Puga |Cristina Bermejo Saiz |Cristina Ameijeiras Sáiz
Unha muller duns 70 anos, veciña de Xeve, resultou ferida e tivo que ser derivada ao Hospital Montecelo tras verse implicada nun accidente este sábado. O sinistro resultouse ao redor das 15.00 horas no lugar de Sobral, na parroquia de San Andrés de Xeve. A muller conducía un turismo e chocou contra un poste do tendido eléctrico. Como consecuencia do impacto, o vehículo sufriu importantes danos e a condutora resultou ferida e tivo que ser trasladada nunha ambulancia ao hospital.
-
4 weeks ago |
pontevedraviva.com | Natalia Puga |Cristina Bermejo Saiz |Cristina Ameijeiras Sáiz
A contorna da praza de España e a Alameda de Pontevedra foi escenario este sábado dunha escena pouco habitual en pleno centro da cidade, un desfile militar. Tratouse dunha parada militar organizada pola Brigada Galicia VII, Brilat, con motivo do 250 aniversario do nacemento do xeneral Pablo Morillo y Morillo, que dá nome á súa base pontevedresa. Sinxelo e emotivo, o acto serviu como homenaxe aos caídos en acto servizo e contou coa presenza dunha ampla representación de militares veteranos.
-
1 month ago |
pontevedraviva.com | Natalia Puga |Cristina Bermejo Saiz |Cristina Ameijeiras Sáiz
O PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra encara unha nova etapa tras a celebración este sábado do seu quinto congreso na cidade do Lérez. Renovou os seus órganos colexiados, elixiu a David Regades para seguir dirixindo o partido e, a nivel local, supuxo un respaldo para a agrupación da capital. O congreso, presidido, como anfitrión, polo presidente local do partido, Iván Puentes, elixiu unha nova comisión executiva provincial con representación de todas as comarcas.
-
1 month ago |
pontevedraviva.com | Natalia Puga |Cristina Bermejo Saiz |Cristina Ameijeiras Sáiz
Ao redor de 180 persoas reuníronse este sábado nas galerías Oliva para participar na III Palillada organizada pola asociación de comerciantes. "O ambiente é espectacular", destacou Antonio Santiago, presidente dos comerciantes das galerías, que destaca que a asistencia é un pouco superior á do ano pasado.
Try JournoFinder For Free
Search and contact over 1M+ journalist profiles, browse 100M+ articles, and unlock powerful PR tools.
Start Your 7-Day Free Trial →