Articles

  • 2 days ago | diariodepontevedra.es | Llerena Perozo Porteiro

    Antonte levamos un susto grande, e foi un susto en dous tempos. A cousa empezou moi cedo pola mañá. Coma sempre, Manolo o Legalmente saíu co amencer a procurar as súas vacas para levalas ao prado que ten na beira do regato. Ía o home matinando nos seus asuntos cando topou coa Benita e pensou que era unha aparición. Velaí tivo lugar o primeiro tempo do susto.

  • 2 days ago | diariodepontevedra.es | Llerena Perozo Porteiro

    O que non ten discusión é que, de existir, Orud sería unha vila do interior de Galicia. Seguramente, nos papeis e nos mapas pertencería a Pontevedra, aínda que non está lonxe das outras provincias. Isto seino porque sempre que teño que facer algún papel, mándanme ir a Pontevedra capital. Malia que hai que botar unha vida no coche de liña e subir e baixar unha serra grande que ten a curota ateigada de muíños xigantes (non os de moer: os outros), a min gústame moitísimo ir a Pontevedra.

  • 2 weeks ago | diariodepontevedra.es | Llerena Perozo Porteiro

    En Orud hai toda clase de camiños. Hai pouca xente e moito espazo, logo movémonos a eito para ir de ningures a ningures, andamos todo o tempo da praza á casa, da casa ao prado, do prado a taberna e da taberna á praza, por exemplo. Pero tamén, se queres ir ver unha amiga o mesmo tes que andar quilómetros que pode ser a túa veciña. O conto é que as xentes de Orud estamos todo o tempo de aquí para acolá sen saírmos deste o noso non lugar.

  • 3 weeks ago | diariodepontevedra.es | Llerena Perozo Porteiro

    En Orud hai lobos. Mellor dito, ultimamente en Orud hai lobos. Había ben tempo que non se vían, desde antes de nós chegar. Mais agora volve haber, grazas a que non se lles pode dar caza. Isto non é coma o da troita, xuro que non tiven nada que ver. Non hai moito, desapareceume un carneiro do meu prado. Non quedou del máis ca o pelexo e un óso longo e fino baixo a castiñeira, pero Rosario, a veciña, sentenciou que aquilo era obra dunha loba e mais súas crías.

Contact details

Socials & Sites

Try JournoFinder For Free

Search and contact over 1M+ journalist profiles, browse 100M+ articles, and unlock powerful PR tools.

Start Your 7-Day Free Trial →