M.A. Martínez's profile photo

M.A. Martínez

Articles

  • 1 month ago | elprogreso.es | M.A. Martínez |Miguel Olarte |Marta Menán

    Entendemos o sufrimento? Dispoñemos de conceptos adecuados para interpretar a súa semioloxía? En que circunstancia moral nos colocan os que sofren? Sufrir pode activar unha relación humana de tipo reflexivo, tirar por nós cara o límite das nosas interpretacións, flexibilizar o horizonte dos prexuízos que, por un lado, modelan o que pensamos e, por outro, alteran a visión do outro. Sufrir é unha experiencia común, quizais a experiencia humana máis ordinaria e compartida.

  • Nov 9, 2024 | elprogreso.es | M.A. Martínez |Roberto Lourido |Delegación Ribeira Sacra |Santi Delgado

    As persoas adoitan pensar o mundo dun xeito xeométrico: un conxunto de liñas que demarcan espazos e institúen limiares. Este trazado dota de seguridade e sentido as súas accións. Tratan de poñer algo aquí e alí, cerca ou lonxe, cualificalo de amigable ou perigoso en función da súa distancia a unha liña. Hai liñas de todo tipo: políticas, económicas, sociais, morais, estéticas, entre outras. E con varias cores: brancas, amarelas, vermellas, negras.

  • Oct 5, 2024 | elprogreso.es | M.A. Martínez

    Cada xeración ten a obriga de facerse cargo do seu pasado. No plano da creación artística e intelectual, non pode eludir o deber estético e moral de revisitar, reinterpretar e inclusive prolongar as obras que outros iniciaron. A complexidade do presente, a dificultade para comprendelo, a forza asfixiante da súa pegada, pode ser transformada se cada xeración non racha cos elos da historia. As innovacións revolucionarias non pasan pola impugnación, cancelación, censura, omisión das obras do pasado.

  • Jul 13, 2024 | elprogreso.es | M.A. Martínez

    Para sorpresa dos analistas sociais, o século XXI trouxo un novo obxecto político: a vida. É común comprobar que o discurso público e o relato político adoitan xirar sobre as figuras que no humano adopta a vida: corpo, xénero, emocións, sentimentos, doenzas, envellecemento, morte, entre outras. O espazo da razón pública transfórmase nun escenario no que estas figuras da vida son motivo de intensos debates e motores de regulamentos, protocolos e lexislacións.

  • Jun 1, 2024 | elprogreso.es | M.A. Martínez

    sempre é interesante observar como nas sociedades democráticas avanzadas decae o problema do sentido e se ergue o imperio do desexo. Entre as ruínas das narrativas omnicomprensivas que construían hermenéuticas fortes e unívocas do real, agroman consignas supostamente 'brandas' e 'plurais'. Tomemos unha: o desexo das persoas non formula problemas de sentido, non pretende analizar, entender, solucionar problemas. Só busca como usarse, expandirse, lograr satisfacción, isto é, hexemonía.

Contact details

Socials & Sites

Try JournoFinder For Free

Search and contact over 1M+ journalist profiles, browse 100M+ articles, and unlock powerful PR tools.

Start Your 7-Day Free Trial →