-
2 months ago |
dialnet.unirioja.es | Manuel Gago |Fernando Gonzalez |Fernando González |J. L. Pena |j. gómez. PeñA |J. H. Peña | +1 more
Ayuda Buscar en la ayuda Buscar en la ayuda
-
Dec 10, 2024 |
galiciae.com | Manuel Gago
CERCABA o pazo un xardín señorial, cheo de nobre recollemento”Valle-Inclán. Xardín umbrío. 208. O nome atraíame como non podía ser doutro xeito para un neno fanático da lectura. Na rúa do Estremo da Pobra do Caramiñal concentrábanse moitos dos garitos da movida dos 80 -que ao igual que foi importante nalgunhas cidades, non foi menos, na súa escala, en moitas vilas. Un deles era o Jardín Umbrío.
-
Dec 10, 2024 |
lavozdegalicia.es | Manuel Gago
Polo que me contan os hostaleiros da comarca, están os restaurantes cheos para este Nadal con xantares e ceas de amigos e de empresas.
-
Dec 3, 2024 |
lavozdegalicia.es | Manuel Gago
Visito os chans do Barbanza e sempre fico marabillado da conxunción entre a riqueza natural e o denso legado cultural que se garda aí. Así o recoñecen numerosos investigadores galegos e internacionais, que estudan na serra do Barbanza un privilexiado escenario para comprender a primeira monumentalización de Galicia na prehistoria e a relación das comunidades do pasado coa media montaña.
-
Nov 26, 2024 |
lavozdegalicia.es | Manuel Gago
Ovenres pasado presentei na Pobra do Caramiñal a novela El tallista de runas, escrita por Eduardo Romero. O libro conta a historia do monxe noruegués Gunnar Swansson, que viaxa á península Ibérica a finais do século X, aínda en plena idade viquinga, cunha misión que, por razóns obvias, non lles vou desvelar nestas liñas. Na presentación falei do interesante que resulta que as novelas sexan tamén mapas vitais dos propios escritores.
-
Nov 19, 2024 |
lavozdegalicia.es | Manuel Gago
A ver, digámolo así. Haber hai de todo, pero os galegos temos, como di Sole, o umbral do doce bastante baixo mentres que o do salgado está ben alto. Esas costeletas e eses churrascos aos que se lle instala por riba unha capa de sal que daría para momificar un mamut asúmense coma o máis normal do mundo. Pola contra, se nos dan un alfajor uruguaio, ese doce excesivo repugna e imaxinamos unha bomba directa ás arterias.
-
Nov 12, 2024 |
lavozdegalicia.es | Manuel Gago
Os xornalistas e os escritores referímonos con frecuencia á alma, ao espírito, ao estado de ánimo da cidade. Dotámola de características humanas como un recurso narrativo, un pequeno truco máis ou menos afortunado. Pero en días coma onte as metáforas pasan a ser titulares.
-
Nov 5, 2024 |
lavozdegalicia.es | Manuel Gago
O domingo, no medio da enxurrada de mensaxes que se cruzaban nas redes sociais ao redor da catástrofe de Valencia, un usuario da plataforma X fíxome rir. «Creo que agora Íñigo Errejón podería pasear polo centro de Madrid bailando e vestido de Papá Noel que ninguén se ía enterar». Vivín todo o problema da inundación acuática de Valencia (e a posterior inundación dixital) de viaxe, así que recibía a información de xeito fragmentario.
-
Oct 29, 2024 |
lavozdegalicia.es | Manuel Gago
Como lle pasa a moita xente, outono é a miña estación preferida de todo o ano, tanto polo cromático coma polo gastronómico. Andamos todos pendentes de cando aparecen os primeiros cogomelos, eses seres non só un tanto enigmáticos e sobre todo caprichosos, que teñen as súas propias regras e que nunca daremos descifrado de todo: cando, onde, por que aparecen. Podes ter tendencias, pero non fórmulas. Magnífico.
-
Oct 29, 2024 |
galiciae.com | Manuel Gago
Vivimos nun continuo magma de experiencias dixitais. Pero igual que aos nosos pais os marcou un disco de Nino Bravo ou un filme de Stanley Kubrick, nós tamén estamos moldeados polos ciclos e as novidades tecnolóxicas Estes días estou programando un bot de intelixencia artificial (IA) e un gato. Aos dous vounos cargando de información, experiencias, corrixo, reprendo ou premio nutríndoos de datos ou de lambetadas felinas.