Sonia Gómez Iglesias's profile photo

Sonia Gómez Iglesias

Featured in: Favicon nosdiario.gal

Articles

  • Aug 31, 2024 | nosdiario.gal | Sonia Gómez Iglesias

    Na pequena aldea do Couto, no concello de Ponteceso (comarca de Bergantiños), celébrase cada ano un evento que exalta a cultura galega en todas as súas formas. Trátase do Festiletras, unha das citas culturais máis importantes da zona, onde se mesturan literatura, música, teatro e tradición. Organizado pola Fundación Eduardo Pondal, o Festiletras, na súa 42º edición, conmemora a figura do poeta bergantiñán e promove a lingua e a identidade galega ao longo de tres intensos días, até o 1 de setembro.

  • Aug 30, 2024 | nosdiario.gal | Sonia Gómez Iglesias

    Entre os concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes, os cinco que conforman a comarca do Eume, esténdese un dos últimos bosques atlánticos de ribeira de Europa e un dos mellor conservados, con perto de 9.000 hectáreas de extensión. Falamos das Fragas do Eume, un dos espazos naturais de maior renome de todo o país.

  • Aug 30, 2024 | nosdiario.gal | Sonia Gómez Iglesias

    O Camiño de Santiago é, tal vez, o símbolo máis icónico da espiritualidade en Galiza segundo a tradición cristiá, mais non o único, pois a mística das romaxes e pequenos santuarios é tamén moi relevante nestas terras. Neste contexto, son unha alternativa ao Camiño de Santiago, tanto para persoas fieis como simplemente "devotas" das lendas. A espiritualidade galega non estivo sempre ligada ao cristianismo.

  • Aug 30, 2024 | nosdiario.gal | Sonia Gómez Iglesias

    No corazón da Ribeira Sacra, no castro de Santa María de Ferreira, en Pantón (Terra de Lemos) decorrerá unha das citas musicais máis esperadas do ano na zona. Trátase do Trece Roeis Fest, un evento sen ánimo de lucro que medra con forza ano tras ano e que este 2024 conmemora o seu 5º aniversario. O evento terá lugar esta sexta feira e sábado cunha programación moi variada e que inclúe unha cata de viño da Ribeira Sacra ás 12 horas desta sexta feira.

  • Aug 29, 2024 | nosdiario.gal | Sonia Gómez Iglesias

    Se ben moitas veces tende a consumirse na Galiza froita importada, non é precisamente por falta de produto. Quizais por descoñecemento, pois o noso país é punteiro en produción de froita, sobre todo en concellos como San Sadurniño (Ferrolterra). Así o constata en conversa con Nós Diario o concelleiro de Desenvolvemento Local e Xestión Interna, Manuel Varela, que enumera o elevado número de variedades presentes no seu concello, desde os perto de 70 tipos de mazá até os "arredor de 40 de pera".

Contact details

Socials & Sites

Try JournoFinder For Free

Search and contact over 1M+ journalist profiles, browse 100M+ articles, and unlock powerful PR tools.

Start Your 7-Day Free Trial →