
Tito Diéguez
Journalist at El Progreso
Periodista, luguista, celtista e progresista (por El Progreso de Lugo)
Articles
-
3 weeks ago |
elprogreso.es | Tito Diéguez
Como un cazador utiliza unha trampa para atraer a presa, en Gaza o reparto de comida á famélica poboación aproveitouno Israel para acabar coa vida de 27 palestinos, 27 máis que cometeran o grave delito de achegarse a recoller alimentos tras un bloqueo de case tres meses. A fame como arma de guerra e reclamo para concentrar vítimas.
-
1 month ago |
elprogreso.es | Tito Diéguez
Din defender todos os idiomas de España, pero celebran que non se aprobe a oficialidade do galego, catalán e euskera na UE. Igual que outros correlixionarios, algúns deles ocupando agora altas instancias autonómicas, din promover o uso do idioma propio de Galicia cando houbo manifestacións en contra nas que saíron fotografados. Retratados no intento de non molestar a un electorado protector dunha lingua que esmorece, pero adalides do unitarismo para atraerse o do outro lado.
-
1 month ago |
elprogreso.es | Tito Diéguez
Unha conversación manipulada e espallada polas redes sociais acaba no xulgado. Desas falsidades hai a esgalla, pero a súa libre circulación con fins daniños non soe pasar polos tribunais como esta argallada no entorno do Goberno valenciano con fins exculpatorios pola Dina e ao tempo incriminar ao central.
-
1 month ago |
elprogreso.es | Tito Diéguez
Hai moitas similitudes nos comportamentos de Rusia e Israel ao tempo que diferenzas considerables na resposta mundial que reciben. Ambos os dous apelan á lexítima defensa para invadir un e ocupar outro. Contabilízanse uns 13.000 civís mortos e varios miles de soldados dos dous bandos en Ucraína en tres anos; en Gaza son uns 55.000 os falecidos na metade de tempo. Cifras que encobren a dor de dous pobos masacrados, idéntico sufrimento.
-
1 month ago |
elprogreso.es | Tito Diéguez
O de Portugal non é excepcional en Europa. O incremento da extrema dereita esténdese polo continente. A mocidade, sobre todo masculina, impulsa unha tendencia que en España non é tan notoria, aínda que electoralmente xa teña superado o 15%. En Portugal sobrepasou claramente a barreira do 22% nun terremoto que se levou por diante un partido socialista que hai tres anos tiña maioría absoluta.
Try JournoFinder For Free
Search and contact over 1M+ journalist profiles, browse 100M+ articles, and unlock powerful PR tools.
Start Your 7-Day Free Trial →X (formerly Twitter)
- Followers
- 408
- Tweets
- 2K
- DMs Open
- No

https://t.co/pHxROn2mAd

https://t.co/E3ZwjPlVdi

https://t.co/1GLGjAWkl4