Yuri Carrazoni Mier's profile photo

Yuri Carrazoni Mier

Featured in: Favicon nosdiario.gal

Articles

  • Dec 1, 2024 | nosdiario.gal | Yuri Carrazoni Mier

    Con 92,3% de votos a favor, a XVIII Asemblea Nacional do BNG deu este domingo en Compostela o seu visto bo ao Informe político e de xestión presentado polo Consello Nacional da formación, un documento que sintetiza eixos do traballo dos últimos tres anos, desde a súa elección en novembro de 2021, e que conclúe salientando os "grandes logros e importantes avances" deste período, mais coa vista posta tamén en "todas as cuestións que se deben corrixir e mellorar para seguir mantendo unha...

  • Dec 1, 2024 | nosdiario.gal | Yuri Carrazoni Mier

    A militancia do BNG decide este domingo o proxecto e a estratexia da formación para os próximos anos na súa XVIII Asemblea Nacional, que recolle tres candidaturas ao Consello Nacional, encabezadas pola actual líder, Ana Pontón; a deputada no Parlamento galego Noa Presas e o portavoz do Bloque en Mos, Gustavo Barcia, respectivamente. Centos de persoas citáronse hoxe no Pazo de Congresos de Compostela nunha xornada marcada pola tormenta que axexa a cidade e a meirande parte do país.

  • Nov 27, 2024 | nosdiario.gal | Yuri Carrazoni Mier

    —En anteriores asembleas participaron dunha lista unitaria. Que mudou para que agora opten por unha propia? O espazo político e ideolóxico que representa o Movemento Arredista dentro do BNG leva participando de candidaturas de unidade desde o ciclo que se abriu en Amio. Esa era a nosa vontade agora, pero lamentabelmente a falta de xenerosidade dos sectores maioritarios do BNG non facilitou que así puidera ser.

  • Nov 27, 2024 | nosdiario.gal | Yuri Carrazoni Mier

    —Por que decidiron impulsar o movemento Alicerce? Alicerce nace após dous anos de traballo cunha mentalidade construtiva, de intentar incidir ou potenciar certos aspectos dentro do BNG que son a democracia interna, o ecoloxismo, o feminismo e a diversidade, sobre todo ante a onda reaccionaria no mundo que nos quere levar 100 anos atrás. Somos do BNG, polo que todo o marco de conciencia de clase, internacionalismo, lingua, nacionalismo... está no ADN de Alicerce.

  • Nov 27, 2024 | nosdiario.gal | Yuri Carrazoni Mier

    —En 2016 algunhas enquisas deixaban o BNG fóra do Parlamento e hoxe é segunda forza. Como valora estes últimos oito anos? En 2016, cando se me pide que opte á portavocía nacional e acepto ese reto, o BNG estaba nun momento moi difícil. Había unha situación de desánimo e nese momento tomou as rendas unha nova dirección que, recollendo toda a tradición do nacionalismo, entendía que estabamos ante unha situación crítica.

Contact details

Socials & Sites

Try JournoFinder For Free

Search and contact over 1M+ journalist profiles, browse 100M+ articles, and unlock powerful PR tools.

Start Your 7-Day Free Trial →