Afonso Vázquez-Monxardín's profile photo

Afonso Vázquez-Monxardín

Galicia
Featured in: Favicon laregion.es

Articles

  • 1 week ago | laregion.es | Afonso Vázquez-Monxardín

    E quen? Getúlio Vargas, presidente que foi de Brasil. Pero empecemos polo inicio. A maioría da poboación, os que non vivimos da política, estamos bastante fartos da tensión artificial á que nos levan. No fondo, a esencia da democracia é a infidelidade de voto -unhas veces votamos a uns e outras a outros- e a alternancia de poder. E non pasa nada. A xente, anda a outras cousas, máis ca á política. E si.

  • 2 weeks ago | laregion.es | Afonso Vázquez-Monxardín

    O amor entre as persoas, nestes tempos, ten moitas formas normalizadas; e todas, por sorte xa asumidas polo conxunto social. A vida privada, privada é, e cada un a vive como quere. O habitual e máis corrente dos amores -e imprescindible para a continuidade da especie humana- é o que se cruza entre home e muller concretado nesa intimidade constante e esforzada, a tradicional alianza con vocación de permanencia, -familia- ou sexa, pai, nai e fillos e fillas; estes últimos, cada vez menos.

  • 3 weeks ago | laregion.es | Afonso Vázquez-Monxardín

    O sábado pasado pola mañá fun a Madrid. Vou pouco, coma case todos. Pero fomos unha embaixada familiar á graduación do sobriño Xaime -felicidades por ese dobre grao en Dereito e Relacións Internacionais- e volvemos á tarde. O caso é que saímos ás oito menos cuarto e levou a viaxe menos de tres horas. Parou o Avlo na Gudiña, Sanabria, Zamora, Medida del Campo, Segovia antes de Madrid.

  • 4 weeks ago | laregion.es | Afonso Vázquez-Monxardín

    Pois aínda que a case ninguén lle importe un pito, estes días vén de estar sobre a mesa a cuestión das nosas “outras linguas” en Europa. O tema de se o catalán, o vasco e o galego deben ser linguas oficiais da Unión Europa en igualdade coas propias dos estados. A cousa, como saben, vén dunha indicación dos socios cataláns do goberno de España ao que os políticos europeos lle deron para atrás. Sobre se é convencemento, necesidade ou necidade do goberno central, hai opinións.

  • 1 month ago | laregion.es | Afonso Vázquez-Monxardín

    Empézolles confesando que a pesar de que o intentase, non podería ser obxectivo. Como ser humano pensante moitas veces non me podo achegar con neutralidade escrupulosa ao feito ou dito por determinadas persoas. A nosa facultade para xulgar é unha combinación de reflexión automática sobre o feito ou dito por alguén nun momento determinado e o pensamento acumulado que temos sobre a traxectoria do emisor.

Contact details

Socials & Sites

Try JournoFinder For Free

Search and contact over 1M+ journalist profiles, browse 100M+ articles, and unlock powerful PR tools.

Start Your 7-Day Free Trial →