
Articles
-
1 week ago |
nosdiario.gal | André Mauricio
Até 123,2 millóns de persoas estaban a finais de 2024 desprazadas pola forza das súas casas e lugares de residencia, fuxindo da persecución, conflitos, violencia, violacións dos dereitos humanos ou acontecementos que perturbaron a orde pública, un “número récord”, remarcou a sexta feira Filippo Grandi, alto comisionado da Axencia da Organización das Nacións Unidas (ONU) para os Refuxiados, Acnur, que recoñeceu o seu “valor e resiliencia” no Día Mundial das persoas refuxiadas.
-
1 week ago |
nosdiario.gal | André Mauricio
Após insistir os medios sionistas, citando fontes gobernamentais, en que a agresión contra Irán se prolongaría poucos días, tempo no que aseguraban que cumprirían os seus obxectivos, acabar co programa nuclear e de mísiles iraniano e forzar un cambio de réxime político no país persa, o xefe do Estado Maior do Exército israelí, Eyal Zamir, recoñeceu a sexta feira que “debemos estar preparados para unha campaña prolongada”, sete días despois do ataque israelí que levou á guerra.
-
1 week ago |
nosdiario.gal | André Mauricio
Mentres o réxime israelí prosegue cos bombardeos de instalacións nucleares e militares, así como civís, en Irán, Tehran mantén os lanzamentos sucesivos de mísiles en represalia contra obxectivos militares e a infraestrutura sionista, que tamén están a afectar a residentes en Israel, máis de 5.000 dos que fuxiron das súas casas polos impactos, admitiu a quinta feira o Ministerio de Interior do Goberno de ultradereita israelí.
-
1 week ago |
nosdiario.gal | André Mauricio
Irán “non se renderá ante ninguén”, e “manterase firme ante unha guerra imposta do mesmo modo que o fará ante unha paz imposta”, pois o pobo iraniano “non responde ben á linguaxe das ameazas”, remarcou a cuarta feira nunha comunicación á poboación o aiatolá Ali Khamenei, líder supremo e xefe de Estado.
-
1 week ago |
nosdiario.gal | André Mauricio
“A vosa política de inxustiza merece rexeitamento”, sostivo a cuarta feira na Assembleia da República lusa o secretario xeral do Partido Comunista Português (PCP), Paulo Raimundo, acusando o ultradereitista Chega, Iniciativa Liberal (IL) e Partido Socialista de ser “o trío que soporta unha política que cheira a troica”, antes da votación da moción de rexeitamento rexistrada polos comunistas ao programa de Goberno presentado polos conservadores Partido Social Democrata (PSD) e CDS-Partido...
Try JournoFinder For Free
Search and contact over 1M+ journalist profiles, browse 100M+ articles, and unlock powerful PR tools.
Start Your 7-Day Free Trial →