Nós Diario

Nós Diario

A media outlet focused on Galician topics, this publication offers a printed newspaper from Tuesday to Saturday, which includes the weekly edition of "Sermos Galiza" every Saturday. Additionally, it provides a digital version that is updated every day of the year.

Local
Galician
Newspaper

Outlet metrics

Domain Authority
43
Ranking

Global

#264036

Spain

#6411

News and Media

#515

Traffic sources
Monthly visitors

Articles

  • 1 day ago | nosdiario.gal | Xacobe Ferreiro

    Calcúlase que a ditadura franquista asasinou desde 1936 até 1975 perto de 6.000 persoas na Galiza. A derradeira delas, Xosé Ramón Reboiras, xa fora recoñecida en 2009 oficialmente como vítima do franquismo polo Consello de Ministros do Goberno do Estado presidido por José Luis Rodríguez Zapatero. Agora, o Concello de Santiago súmase ao recoñecemento deste loitador antifranquista decidindo nomear un espazo público da cidade co seu nome.

  • 1 day ago | nosdiario.gal | Xacobe Ferreiro

    Ribeira, na comarca do Barbanza, acolleu na xornada de onte unha mobilización para demandar á Xunta da Galiza que cubra as vacantes de Medicina no ambulatorio da localidade. Neste momento, das 14 prazas de persoal médico só hai unha sen atender, mais a Consellaría de Sanidade non ten previsto cubrir as baixas derivadas das vacacións do persoal sanitario.

  • 2 days ago | nosdiario.gal | Xacobe Ferreiro

    As entidades de crédito con presenza na Galiza expatriaron 34.986 millóns de euros no primeiro trimestre de 2025. Segundo as cifras achegadas onte polo Boletín Estatístico do Banco de España, a succión do aforro galego situouse en máximos históricos a 31 de marzo, rematando coa contía máis elevada de toda a serie rexistrada polas estatísticas do regulador bancario estatal.

  • 4 days ago | nosdiario.gal | Xacobe Ferreiro

    A oferta pública de adquisición (OPA) de accións do BBVA sobre o Sabadell segue adiante. O Goberno español avalou onte a continuidade da operación, mais obrigando a manter as entidades como persoas xurídicas separadas durante un prazo de tres anos. O BBVA deberá decidir agora se mantén a oferta. A agardada decisión do Consello de Ministros a respecto da OPA lanzada por BBVA sobre o Banco Sabadell chegou onte.

  • 4 days ago | nosdiario.gal | Helena Pousa

    Análise Helena Pousa, filóloga e investigadora sobre os elementos lingüísticos e culturais do Baixo Miño. Tal como contaba Anuncia de Soutelo (Salceda de Caselas, comarca de Vigo), unhas mulleres descoñecidas viñan deixar flores enriba dunha tumba no adro da igrexa desta parroquia salcedense. Unha tumba… Debes estar rexistrado para ler este contido Se xa tes unha conta, inicia sesión star Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis. Precisa axuda?