
Brais Porto Abalde
Articles
-
2 weeks ago |
pontevedraviva.com | Anxo Lourido |Pablo Ajuria |Brais Porto Abalde
A concelleira responsable de Montes, María José Abilleira, presentou este martes o programa "O monte é teu", unha iniciativa que busca achegar a cidadanía aos parques forestais de Pontevedra a través de 20 actividades lúdicas e educativas. O Concello aposta por estes espazos naturais como punto de encontro e coñecemento da biodiversidade local para persoas de todas as idades.
-
2 weeks ago |
pontevedraviva.com | Anxo Lourido |Pablo Ajuria |Brais Porto Abalde
A Asociación pola Defensa da Ría (APDR), a plataforma Ulloa Viva e a Plataforma de Defensa da Ría de Arousa (PDRA) presentaron este luns 19 de maio a convocatoria da marcha contra as celulosas, que se celebrará o domingo 1 de xuño ás 12.00 horas. A mobilización, que partirá simultaneamente das alamedas de Marín e Pontevedra, rematará fronte á fábrica de Ence en Lourizán e concluirá cun xantar popular e un concerto na Alameda de Pontevedra.
-
1 month ago |
pontevedraviva.com | Anxo Lourido |Brais Porto Abalde |Pablo Ajuria
Cruz Vermella Pontevedra celebraba este 8 de maio o Día Mundial da organización cunha serie de actividades que inclúen unha andaina urbana e obradoiros de primeiros auxilios para conmemorar o nacemento de Henry Dunant, fundador da organización. O punto de encontro estableceuse na Avenida Montero Ríos, onde se instalará unha carpa informativa xunto a unha histórica ambulancia modelo 1500.
-
1 month ago |
pontevedraviva.com | Anxo Lourido |Pablo Ajuria |Brais Porto Abalde
O Concello de Pontevedra presentou a programación de "Maio, mes da lingua", unha iniciativa que contará con 25 actividades diversas para promover o uso do galego no municipio. Segundo explicou o concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, trátase dunha programación "moi intensa" que se estenderá ata os primeiros días de xuño.
-
1 month ago |
pontevedraviva.com | Anxo Lourido |Pablo Ajuria |Brais Porto Abalde
O ioga volverá ocupar un espazo en Pontevedra co obxectivo de promover a cidade, a saúde e a comunidade. A tenente de alcalde Eva Vilaverde e a instrutora Ela, de Flow Yoga, presentaron este martes unha nova edición da xornada dedicada ao ioga, que terá lugar o sábado 21 de xuño na contorna natural do río Gafos. A actividade, que xa arrancou en 2024 con éxito para celebrar o Día Internacional do Ioga, promovido pola embaixada da India, busca consolidarse como unha cita anual en Pontevedra.
Try JournoFinder For Free
Search and contact over 1M+ journalist profiles, browse 100M+ articles, and unlock powerful PR tools.
Start Your 7-Day Free Trial →