
Pablo Ajuria
Articles
-
5 days ago |
pontevedraviva.com | Anxo Lourido |Pablo Ajuria
Traballadores do centro penitenciario da Lama, convocados polos sindicatos CSIF, ACAIP-UGT e CIG, concentráronse este martes, 3 de xuño, diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra para reclamar medidas urxentes que garantan a seguridade do persoal nesta prisión, tras a grave agresión sufrida por un funcionario o mércores 28 de maio.
-
2 weeks ago |
pontevedraviva.com | Anxo Lourido |Pablo Ajuria
A Xunta de Galicia levará a cabo a rehabilitación integral da capela de San Xaquín na illa de Ons, un dos elementos patrimoniais máis representativos do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas. O proxecto, que suporá un investimento aproximado de 170.000 euros, centrará os traballos na recuperación da cuberta, o falso teito e as fachadas do templo, que sufriron importantes danos polo paso do tempo e as condicións climatolóxicas da illa.
-
2 weeks ago |
pontevedraviva.com | Anxo Lourido |Pablo Ajuria
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés rendeu este martes 20 de maio unha emotiva homenaxe aos 123 profesionais que finalizaron a súa carreira laboral durante o 2024, nun acto celebrado no Edificio Administrativo da Xunta en Pontevedra. Entre os homenaxeados figuraba Miguel Anxo Fernández Lores, actual alcalde de Pontevedra e médico de profesión.
-
2 weeks ago |
pontevedraviva.com | Anxo Lourido |Pablo Ajuria |Brais Porto Abalde
A concelleira responsable de Montes, María José Abilleira, presentou este martes o programa "O monte é teu", unha iniciativa que busca achegar a cidadanía aos parques forestais de Pontevedra a través de 20 actividades lúdicas e educativas. O Concello aposta por estes espazos naturais como punto de encontro e coñecemento da biodiversidade local para persoas de todas as idades.
-
2 weeks ago |
pontevedraviva.com | Anxo Lourido |Pablo Ajuria
A Deputación de Pontevedra anuncia un incremento de recursos para consolidar as Rías Baixas como territorio privilexiado para a creación cinematográfica. O presidente da institución provincial, Luis López, indicou este luns un aumento do 61% nas axudas a producións audiovisuais, que pasan de 105.000 euros a 170.000 euros para a nova edición do programa "Rías Baixas Acción".
Try JournoFinder For Free
Search and contact over 1M+ journalist profiles, browse 100M+ articles, and unlock powerful PR tools.
Start Your 7-Day Free Trial →