
Clara Castilla
Articles
-
Jul 15, 2024 |
nosdiario.gal | Manuel Xestoso |Clara Castilla
O profesor de Secundaria do IES da Pobra do Caramiñal e tradutor especializado na lingua acadia Xosé Antón Parada Fernández, nado en Moaña pero asentado desde hai décadas en Touro (Ribeira), faleceu esta segunda feira aos 72 anos, segundo puido saber Nós Diario. Entrou en contacto co nacionalismo a finais dos anos 60 e integrouse na Frente Cultural. Formaría parte da UPG, ERGA, ANPG, BNPG e, por último, coa constitución do BNG, pasaría a militar nel.
-
Jul 15, 2024 |
nosdiario.gal | Montse Fajardo |Clara Castilla
O que chamamos contemporáneo é, con frecuencia, unha busca nas raíces que trata de adoptar novas perspectivas para abordar o fío da Historia. Hai moito tempo que a danza entendeu que as orixes no ritual proporcionaban esa mirada que pode explicar o impulso de bailar cunha intención que vai máis alá da estética. Igual que hai moito tempo que comprendeu que podía emanciparse da pulsión narrativa e, porén, seguir suxerindo unha interpretación do mundo.
-
Jul 15, 2024 |
nosdiario.gal | Montse Fajardo |Clara Castilla
O actor Luis Tosar, a produtora Zaza Ceballos e a Academia Galega do Audiovisual son as persoas e entidade premiadas coas Medallas da Galiza 2024. Así o anunciou esta segunda feira o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu equipo. Rueda lembrou que, tal e como veñen facendo desde 2021, as e os premiados elíxense cada ano arredor dun eixo común.
-
Jul 8, 2024 |
nosdiario.gal | Clara Castilla
A artista mexicana Gabriela Muñoz foi a gañadora do Premio do Público da 41ª Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas con Perhaps, perhaps... quizás, un espectáculo de clown que xoga coa idea da espera, da ilusión por atopar á parella perfecta e da soidade a que isto nos leva. Cunha traxectoria internacional destacada, a obra xa cativou á audiencia en más de 20 países, incluíndo Alemaña, Estados Unidos, Australia e Nova Celandia..
-
Jul 8, 2024 |
nosdiario.gal | Clara Castilla
Autobán, o Festival de Autoedición e BD organizado pola Asociación Cultural do mesmo nome, celebra neste 2024 o seu 10º aniversario. Os días 16 e 17 de agosto terá lugar na Coruña a décima edición, que se desenvolverá en paralelo á celebración de Viñetas desde o Atlántico 2024. O ilustrador José Domingo é o autor do cartel deste 10º Autobán, nun homenaxe a estes 10 anos de traxectoria do evento, xa que tamén foi el quen deseñou o cartel da primeira edición de Autobán celebrada en 2014.
Try JournoFinder For Free
Search and contact over 1M+ journalist profiles, browse 100M+ articles, and unlock powerful PR tools.
Start Your 7-Day Free Trial →