
Isabel Vilalba
Articles
-
Jul 16, 2024 |
nosdiario.gal | Isabel Vilalba |Susana Rois
Unha tese doutoral defendida na Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela (USC), no campus de Lugo, propón o consumo de algas mariñas como alternativa ao uso de antibióticos en coellos para mellorar a súa saúde intestinal no período pos-destete. Así o propón a investigación desenvolta por Sabela Al-Soufi Novo no Campus Terra da USC.
-
Jul 16, 2024 |
nosdiario.gal | Isabel Vilalba |Susana Rois
O Tribunal Supremo (TS) avalou o Real Decreto 150/2023 polo que se aproban os planes de ordenación do espazo marítimo das cinco demarcacións mariñas estatais por non apreciar desviación de poder ou arbitrariedade.
-
Jul 16, 2024 |
nosdiario.gal | Isabel Vilalba |Susana Rois
Un peregrino de 58 anos faleceu na mañá desta terza feira cando facía o Camiño de Santiago ao seu paso a parroquia de Castromaior, na localidade de Portomarín (comarca de Lugo). Segundo informaron fontes do 112 citadas pola axencia Europa Press, foi un particular quen deu o aviso contra as 11.40 horas, alertando de que este home estaba tirado no chan e necesitaba asistencia sanitaria.
-
Jul 16, 2024 |
nosdiario.gal | Isabel Vilalba |Susana Rois
A Garda Civil detivo nas últimas horas un home como presunto autor de varios delitos contra a intimidade por colocar cámaras ocultas nas habitacións dun hotel da localidade de Bóveda, na comarca da Terra de Lemos. A operación foi bautizada como 'Norbates'. O operativo, segundo a información transcendida esta terza feira, iniciouse a finais do ano pasado, cando unha parella denunciou que atopara unha cámara agochada detrás dun reloxo de parede neste hotel de Bóveda.
-
Jul 16, 2024 |
nosdiario.gal | Isabel Vilalba |Susana Rois
A investigación centrouse nos feitos denunciados polas e polos estudantes, que se remontan até o ano 2022. A Garda Civil de Lugo detivo nas últimas horas un monitor de taekwondo como suposto autor dun delito de incitación ao odio, despois de que varias vítimas o denunciasen por, presuntamente, proferir diferentes comentarios de carácter xenófobo, machista e homófobo durante as súas clases, que impartía en Ribadeo e outros municipios da comarca da Mariña.
Try JournoFinder For Free
Search and contact over 1M+ journalist profiles, browse 100M+ articles, and unlock powerful PR tools.
Start Your 7-Day Free Trial →