Articles

  • 3 weeks ago | nosdiario.gal | Susana Rois

    Galiza atravesa un momento de "intenso acoso" por parte de empresas extractivas que buscan asentar no territorio proxectos "nada innovadores" na forma de producir e distribuír a riqueza. Un modelo, apunta Belén Rodríguez, que perpetúa esa idea de Galiza como "lugar a saquear". —O movemento Eólica Así Non demanda un cambio profundo no actual modelo de implatación das enerxías renovábeis. Cara a onde debe camiñar o desenvolvemento enerxético da Galiza?

  • 2 months ago | nosdiario.gal | Susana Rois

    A Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ da Galiza, entidade pioneira no territorio galego máis tamén no conxunto do Estado, formada por docentes de ensino regrado e non regrado que traballan no ámbito da diversidade sexual, de identidade de xénero e familiar, a coeducación inclusiva e a educación sexual integral, organizan en Compostela este sábado, 26 de abril, o IV Congreso Educativo LGBTIQ+ da Galiza, unha actividade de balde que decorrerá no IES Rosalía de Castro.

  • Feb 20, 2025 | nosdiario.gal | Susana Rois

    Malia ao seu emprego minoritario, a lei ampara o uso da lingua galega en sede xudicial. É un dereito que asiste a todas as partes na administración de xustiza e que recolle o artigo 142.3 da Lei de Axuizamento Civil: "As partes, os seus procuradores e avogados, así como as testemuñas e peritos, poderán utilizar a lingua que sexa tamén oficial na Comunidade Autónoma en cuxo territorio teñan lugar as actuacións xudiciais, tanto en manifestacións orais como escritas".

  • Sep 4, 2024 | nosdiario.gal | Susana Rois

    Segundo datos da Organización Mundial da Saúde, desde o ano 1990, o número de mulleres que usan métodos anticonceptivos modernos duplicouse. Desde o ano 2000, a mortalidade materna diminuíu en 34%. Até 2022, e grazas ao acceso aos tratamentos para a infección causada polo VIH, evitáronse perto de 20,8 millóns de mortes en todo o mundo. Estas cifras dan conta dun progreso en materia de saúde e dereitos sexuais nas últimas décadas que a propia OMS xa ve perigar.

  • Aug 30, 2024 | nosdiario.gal | Susana Rois

    Perto de medio millar de persoas da comarca da Limia fan parte dos programas de atención á comunidade que o CDR O Viso desenvolve desde hai case catro décadas. Co paso dos anos, o lugar de Lodoselo, en Sarreaus, converteuse na cerna dun plan de coidados dirixido sobre todo á veciñanza maior e que vive en soidade.

Contact details

Socials & Sites

Try JournoFinder For Free

Search and contact over 1M+ journalist profiles, browse 100M+ articles, and unlock powerful PR tools.

Start Your 7-Day Free Trial →