
Articles
-
1 day ago |
nosdiario.gal | Ricardo Suárez
Nós Diario publica na súa edición deste sábado unha enquisa elaborada polo instituto demoscópico EM-Analytics en exclusiva para este xornal. A sondaxe, realizada entre o 11 e 16 de xuño, estuda a intención de voto da poboación de cara a uns comicios galegos, un ano e catro meses após a última cita. Os resultados mostran que o taboleiro electoral móvese, pero pouco.
-
3 days ago |
nosdiario.gal | Ricardo Suárez
O portavoz do PP no Parlamento da Galiza, Alberto Pazos, defendeu esta semana que denominar o masacre perpetrado por Israel contra o pobo palestino en Gaza de xenocidio implica "banalizar" este termo. Así o fixo durante unha intervención na que defendeu a recepción do Goberno galego ao máximo representante israelí no Estado español. "Para o portavoz do PP no Parlamento, Israel aínda non matou o suficiente para falar de xenocidio", denunciou o BNG sobre as palabras de Pazos.
-
4 days ago |
nosdiario.gal | Ricardo Suárez
O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, cargou esta cuarta feira duramente contra o Estado español, despois do acordo da OTAN subscrito polos estados aliados para incrementar o seu gasto militar até o 5% do PIB, coa excepción do Goberno estatal, que se desmarcou sostendo que dedicará o 2,1%. "Creo que España é terríbel polo que fixeron. É o único Estado que non paga o 100%. Queren quedarse no 2%. Creo que é terríbel", dixo o mandatario estadounidense ao ser preguntado por xornalistas.
-
4 days ago |
nosdiario.gal | Ricardo Suárez
Os estados da OTAN asumiron esta cuarta feira que o novo compromiso de gasto na organización fixarase en 5% do PIB, como exixe desde hai meses o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, e apuntaron que non hai excepcións posíbeis ao acordo, polo que o Estado español fai "unha interpretación" do pacto, ao sinalar que cumprirá os requirimentos militares da alianza sen cinguirse a unha porcentaxe de gasto concreto.
-
4 days ago |
nosdiario.gal | Ricardo Suárez
Este mes de xuño chega á gran pantalla Something Beautiful, unha experiencia cinematográfica de Miley Cyrus. Trátase dunha ópera pop única no seu xénero con 13 novas cancións orixinais do seu novo álbum mesturada exclusivamente por Alan Meyerson (Dune Part One ou The Dark Night) para a súa estrea en cinemas. Poderase desfrutar desta aposta da norteamericana con proxeccións especiais dunha soa noite, a desta sexta feira, 27 de xuño.
Try JournoFinder For Free
Search and contact over 1M+ journalist profiles, browse 100M+ articles, and unlock powerful PR tools.
Start Your 7-Day Free Trial →Coverage map
X (formerly Twitter)
- Followers
- 755
- Tweets
- 1K
- DMs Open
- No

RT @NosDiario: 🎸 Rosa Cedrón e Xavier Alern: "Mike Oldfield lembra Santa Cristina como algo alucinante, queremos volver traer a súa música…

RT @anaponton: Tras o espolio eólico, o PP prepara agora o espolio da nosa riqueza mineira. Non llo imos permitir. https://t.co/XbSyUa3Cw6

RT @NosDiario: ENTREVISTA | 🗣️ Antonio Turiel, investigador do CSIC: "É imposíbel o crecemento infinito nun planeta finito" 🌿 "O recurso n…