
Simone Saibene
Articles
-
Jan 16, 2025 |
laregion.es | Simone Saibene |Nerea Losada
Nosferatu foi o nome que utilizou Friedrich Willhelm Murnau no 1922 para adaptar ao cinema o Drácula de Bram Stoker por non posuír os dereitos da novela. Max Schreck foi o actor elixido para encarnar en sentido literal ao protagonista do filme. “Non é un actor, é un vampiro de verdade”, era o runrún que corría durante a rodaxe.
-
Jan 9, 2025 |
laregion.es | Simone Saibene
Napolitano de nacemento e romano de adopción, Paolo Sorrentino foi un dos representantes do novísimo cine italiano xunto con Matteo Garrone, Emanuele Crialese, Giorgio Diritti ou Michelangelo Frammartino. Unha ola de novos cineastas que estrearon a súa primeira longametraxe de ficción entre o 2000 e o 2005 e que volveron a recolocar o cine da península itálica ao máximo prestixio internacional.
-
Dec 5, 2024 |
laregion.es | Simone Saibene |Cristina Clavería
Andrea Arnold é unha referente do cine británico, e unha das cineastas máis interesantes da escena europea e internacional independente dos últimos trinta anos. Non ten moitas longametraxes na súa filmografía, pero a chegada dunha súa película ao cine hai que celebrala como merece. Xa o seu debut - Red Road (2006) - deixaba claro que estábamos diante dun gran talento que, na época, chegou a compararse con autores recoñecidos como Lars Von Trier e Michael Haneke.
-
Nov 28, 2024 |
laregion.es | Simone Saibene |Manuel Carracedo |Gonzalo Gay
Chegou á plataforma de Amazon Prime Video a docuserie El circo de los muchachos dirixida por León Siminiani e producida por Vaca Films. 5 capítulos que pretenden narrar o auxe e a caída da utopía do Padre Silva. Benposta, unha cidade e un circo, un proxecto nacidos na cabeza do cura ourensán despois de recibir unha iluminación no antigo Cine Xesteira vendo ao padre Flanagan interpretado por Spencer Tracy.
-
Nov 21, 2024 |
laregion.es | Simone Saibene |Reme Martínez
Dentro da cantidade enorme de estreas de series que estamos a vivir, ultimamente poucas destacan verdadeiramente. Entre as distintas plataformas dixitais, HBO Max é a que segue ofrecendo un contido máis limitado, pero máis variado e intrigante: as súas estreas de ficción case nunca deixan indiferente. É o caso, por exemplo, da sorprendente serie El Pingüino, inspirada no supervillano de DC Comics creado por Bob Kane e Bill Finger.
Try JournoFinder For Free
Search and contact over 1M+ journalist profiles, browse 100M+ articles, and unlock powerful PR tools.
Start Your 7-Day Free Trial →